O aumento do turismo, factor clave dos "datos favorables" da economía galega en agosto

A subida dos tipos de interese "xa pasa factura na confianza dos consumidores" e "haberá complicacións de cara ao inverno", augura o Foro Económico de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2022 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O Foro Económico de Galicia sinalou que o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia mostrou no mes de agosto un incremento interanual do 3,2 por cento e que isto se debe ás "cifras históricas de chegada de viaxeiros e transporte de pasaxeiros, que aumentaron máis dun 25 por cento".

A plataforma explicou nun comunicado que esta evolución favorable vese contida polas incertezas causadas pola guerra de Ucraína, a crise enerxética e o aumento da inflación. Ademais, destacou que a subida dos tipos de interese "xa pasa factura na confianza dos consumidores" e que "haberá complicacións de cara ao inverno".

Así mesmo, indicou que as previsións das diferentes institucións para o 2023 "debuxan un horizonte pouco optimista" con cifras de crecemento considerablemente inferiores ao que se anticipaba antes de verán.

Doutra banda, o Foro Económico de Galicia subliñou que as variables recollidas no Indicador mostran un comportamento das importacións cun incremento interanual superior ao 25 por cento. Mentres, o índice de produción industrial descende unha cifra próxima ao 40 por cento en termos interanuais.

Presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica de Galicia do segundo trimestre de 2022. FORO ECONÓMICO DE GALICIA
Presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica de Galicia do segundo trimestre de 2022. FORO ECONÓMICO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta