O número de hospitalizacións por covid sobe por riba dos 200 tras rexistrarse 23 ingresos

Nas últimas 48 horas, os servizos sanitarios detectaron 85 casos de coronavirus, co que o número de casos activos descende a 2.088 en toda Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2022 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O número de persoas con covid hospitalizadas en Galicia volveu subir por encima das 200 despois de rexistrarse 23 ingresos máis en comparación co último balance, ofrecido o pasado sábado.

En concreto, segundo os datos facilitados este luns pola Consellería de Sanidade con cifras solicitadas ata as 18,00 horas do domingo, hai un total de 203 hospitalizados, 193 en planta (+19) e dez en UCI (+3). Nas últimas 48 horas, os servizos sanitarios detectaron 85 casos de coronavirus, co que o número de casos activos descende a 2.088 en toda Galicia, case 400 menos que nos datos facilitados o sábado.

Por áreas, A Coruña mantense como o distrito con maior número de persoas hospitalizadas con covid ao contabilizar 72 (+6), dos que 68 están en planta e catro en UCI (sen cambios). Séguelle Ourense con 41 (+2), onde hai un paciente crítico (+1).

En Vigo son 21 os hospitalizados, catro máis que no último balance, e con 2 deles en UCI, mesmo número que hai na área de Ferrol, onde o total de ingresados se eleva a 10 (+1). Pola súa banda, os distritos de Pontevedra e Santiago carecen de pacientes en UCI, aínda que acumulan 24 e 18 ingresados en hospitalización convencional, respectivamente.

CASOS ACTIVOS

Así as cousas, baixan os casos activos en todas as áreas sanitarias respecto ao último balance. Do mesmo xeito que en ingresados, A Coruña tamén encabeza os casos activos con 477 (-57), seguida de Ourense con 358 (-79), Santiago con 299 (-37) e Vigo con 287 (-67). En Lugo descenden a 238 (-50), en Pontevedra, a 224 (-56) e en Ferrol, a 203 (-33).

En canto aos contaxios notificados nas últimas 24 horas, activáronse un total de 85, a maioría nas áreas coruñesa (27), ourensá (15) e pontevedresa (13). Na área de Santiago rexistráronse 8; na de Vigo, 7; 9 na de Lugo; e 6 en Ferrol. O número de persoas falecidas con covid en Galicia desde o inicio da pandemia mantense en 3.936. Ademais, un total de 677.118 persoas pasaron a enfermidade e administráronse 7.177.597 doses da vacina.

Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press / Europa Press
Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta