A fin de semana sáldase con 62 persoas feridas e dous mortos nas estradas galegas

A Coruña foi a provincia con maior número de accidentes, con 20.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2022 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

Os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 atenderon ao longo do fin de semana un total de 62 persoas feridas en 44 accidentes de circulación rexistrados nas estradas galegas que deixaron dous falecidos.

No último fin de semana de outubro, a central de coordinación do 061 recibiu 57 chamadas sobre accidentes de tráfico que xeraron 44 asistencias sanitarias, segundo trasladou a Xunta este luns. Das 62 persoas atendidas, o 61% eran homes e o 39%, mulleres; e maioritariamente tiñan idades comprendidas entre os 20 e os 34 anos.

A Coruña foi a provincia con maior número de accidentes con 20, seguida por Pontevedra con 13. En Lugo houbo sete e en Ourense, catro. Nestas intervencións, 49 persoas foron derivadas a hospitais, once foron atendidas no lugar do accidente e dous morreron no punto.

Coche sinistrado nun accidente no que faleceu unha persoa na AP9-F, en Ferrol.. GARDA CIVIL
Coche sinistrado nun accidente no que faleceu unha persoa na AP9-F, en Ferrol.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta