Nace 'O meu PC': todo o que desexes saber sobre aplicacións e ordenadores, en galego

Unha guía aberta e en constante actualización ao redor de cuestións tecnolóxicas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Divulgar e compartir coñecemento sobre aplicacións e computadoras, de xeito libre e en lingua galega. Este é o obxectivo co que nace 'O Meu PC', a guía do Software en galego, que publicará un artigo sobre un tema concreto cada 2 días. Leva actualmente 16 e espera chegar a máis de 40 antes de rematar 2022.

Páxina principal da web 'O Meu PC'
Páxina principal da web 'O Meu PC' | Fonte: arquivo

"É difícil estar á última en cuestións tecnolóxicas, e máis nun mundo que parece que está acelerando constantemente. Por iso desde O Meu PC pénsase que é preciso ter espazos onde poder atopar información accesible, sinxela, ben documentada, ben redactada e organizada. E claro que si, por que non, en galego", preséntanse dende O Meu PC.

Nesta web poderanse atoptar todo tipo de artigos sobre programas e aplicacións, en definitiva, Software que se instala na computadora. Os artigos están ordenados por categorías temáticas que a persoa usuaria pode utilizar para navegar e atopar contidos relacionados. Diríxense, segundo explican, ao público xeral, non técnico, con escasos coñecementos en informática e aplicacións, que necesitan saber máis de todo o mundo que os rodea.

Algúns dos artigos que xa teñen publicado tratan os Sistemas Operativos máis importantes, que é e como protexernos dun virus, que é a Internet, os principais navegadores ou os procesadores de textos máis usados. Trátase, en definitiva, dunha guía aberta, en constante actualización e en galego. E ademais, con licencias de cultura libre para que calquera persoa poida copiar e difundir o que desexe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta