Todo o litoral galego estará este domingo en alerta laranxa por temporal costeiro

Comezará ao mediodía deste domingo con mar combinado do noroeste con ondas de ata 7 metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2022 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou para este domingo unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará ao mediodía deste domingo con mar combinado do noroeste con ondas de ata 7 metros. Indica tamén que xa desde primeiras horas da mañá haberá alerta amarela en todo o litoral de Galicia con ondas de ata 5 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse lonxe da liña de costa --diques, rompientes ou paseos marítimos--. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro polo paso dunha borrasca / Gustavo da Paz - Europa Press  / Europa Press
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro polo paso dunha borrasca / Gustavo da Paz - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta