O neto de Torrente Ballester formará parte do xurado da XXXIV edición do premio que leva o seu nome

Fallarase o 18 de novembro no Pazo de Mariñán.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/11/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O Pazo de Mariñán, en Bergondo acollerá o 18 de novembro as dúas reunións dos xurados da XXXIV edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña.

Segundo informa o organismo provincial, Mariñán volverase a converter deste xeito no punto de encontro do dez membros de ambos os xurados, que están conformados por escritores e escritoras do panorama galego e estatal, entre os que se conta un Premio Nacional de Narrativa como Marcos Giralt Torrente.

O neto de Gonzalo Torrente Ballester forma parte do xurado por primeira vez na historia do premio literario e, tras a reunión en Mariñán, manterá un encontro con lectores na Libraría Berbiriana da Coruña. A cita, aberta ao público, será o venres 18 de novembro, ás 19,30 horas.

Coa concesión do Premio Torrente Ballester, a Deputación da Coruña pechará 2022 con cinco novas obras galardoadas nos seus certames literarios, entre os que se atopa o Premio Castelao de Banda Deseñada ou o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Torrente Ballester e Camilo José Cela
Torrente Ballester e Camilo José Cela | Fonte: cervantes.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta