"O modelo do BNG é eólica si, pero non así"

O Bloque critica a "parálise eólica",da Xunta e pide un pacto para o desenvolvemento de parques en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/11/2022 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volveu a criticar a "parálise eólica" da Xunta e pediu levar a cabo un pacto para o desenvolvemento de parques de enerxía eólica en Galicia que garanta a participación pública e a repartición dos beneficios.

"O modelo do BNG é eólica si, pero non así", subliñou o deputado nacionalista Xosé Luís Bará Torres, quen foi o encargado de defender unha moción no pleno do Parlamento de Galicia sobre as actuacións que debe realizar o Executivo autonómico en relación cos proxectos eólicos que, ao seu xuízo, vulneran a normativa ambiental.

Neste sentido, Bará criticou a "incerteza" e a "inseguridade xurídica" provocada pola Xunta de Galicia con diversos cambios de lexislación no ámbito dos parques eólicos. Por todo iso, pediu un "pacto de país" pola eólica que garanta a participación cidadá e que os beneficios non sexan só para "os poderosos".

Desde o PSOE, Matilde Begoña Rodríguez mostrou o seu apoio á moción do BNG, subliñando que a xustiza anulou en varias ocasiones autorizacións da Xunta de parques eólicos ao entender que non cumprían coa legalidade.

Marta Novoa, do PP, criticou que o Bloque "volvese sacar a pancarta de eólicos non" e reiterase no seu discurso de "o non polo non". Tamén puxo en valor a importancia dos parques eólicos para Galicia, que se sitúa como a segunda rexión española que máis enerxía 'limpa' produce. Por todo iso, os 'populares' rexeitaron cos seus votos a moción.

Parque eólico de Greenalia en Miñón
Parque eólico de Greenalia en Miñón | Fonte: GREENALIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta