Extinguen un incendio nun transformador que deixou sen luz o polígono do Tambre en Santiago

Os labores de extinción, ademais, provocaron retencións na saída de Santiago de Compostela dirección norte, xa que a Policía Local viuse obrigada tamén a cortar o tráfico na saída cara á Coruña para facilitar os labores de extinción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

Os bombeiros de Santiago de Compostela, tres vehículos e sete efectivos, mobilizáronse este mércores polo incendio dun transformador de alta tensión situado na rúa Cruceiro da Coruña, xunto ao almacén de materiais da construción Magán.

Este transformador dá servizo ao polígono do Tambre e, segundo confirmaron a Europa Press fontes dos empresarios, provocou cortes de luz nas empresas alí instaladas, pero a incidencia quedou liquidada en pouco tempo.

Os labores de extinción, ademais, provocaron retencións na saída de Santiago de Compostela dirección norte, xa que a Policía Local viuse obrigada tamén a cortar o tráfico na saída cara á Coruña para que levasen a cabo os labores de extinción.

Fontes do Concello de Santiago confirmaron a Europa Press que se completou a extinción do transformador.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta