Os casos activos por covid-19 en Galicia soben nun centenar mentres os ingresados baixan a 163

O número de vítimas mortais mantense así en 3.951.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Os casos activos de pacientes con covid-19 rexistran unha alza, segundo os datos notificados polo Servizo Galego de Saúde, e sitúanse en 1.842, un total de 101 máis que no parte anterior. Mentres, os hospitalizados experimentan un lixeiro descenso de tres (pasan de 166 a 163) e, nesta xornada non se notifican novos falecementos

O número de vítimas mortais mantense así en 3.951. Os últimos falecidos notificáronse na pasada xornada e correspondían a días pasados: o día 5 de novembro morreu un home de 94 anos na área sanitaria de Vigo e, o día 7, outros dous homes de 84 e 77 anos nas áreas de Santiago-Barbanza e Ferrol, respectivamente.

No que respecta aos pacientes covid que requiren hospitalización, os datos ofrecidos este xoves polo Sergas --actualizados ás 18,00 do mércores-- indican unha lixeira baixada nas últimas horas, ata os 163 (tres menos). Son 155 en planta (-2) e oito en unidades de coidados intensivos (-1). Por áreas sanitarias, os ingresados tan só descenderon na da Coruña-Cee, a 43 (-5), e permanecen sen variación na de Ferrol, con 17, e na de Vigo, con 19.

Ademais, os hospitalizados con covid subiron nas áreas de Lugo, a 15 (+3), Ourense-Verín-O Barco a 25 (+4), Pontevedra-O Salnés a 20 (+2), e Santiago e O Barbanza, a 20 (+1). Así mesmo, a día de hoxe, hai 1.679 pacientes en seguimento nos seus domicilios, segundo informa o Sergas.

CASOS ACTIVOS E NOVOS CONTAGIOS

En canto aos casos activos, é dicir, as persoas que están a atravesar a covid-19, soben en 101 en relación ao parte anterior, ata 1.842 contabilizados polo Sergas.

Os pacientes descenderon só na área da Coruña, a 322 (-18). Pero soben en todas as rstantes: a 183 en Ferrol (+24), a 214 en Lugo (+9), a 397 en Ourense (+29), a 191 en Pontevedra (+11), a 270 en Santigo (+17), e a 262 en Vigo (+29). A todos eles hai que sumar tres pacientes sen distrito sanitario asignado, que permanecen sen variación.

Todo iso nunha xornada na que o Sergas notifica 174 novos contagios por coronavirus. As áreas máis afectadas son as de Santiago e Vigo, con 30 en cada un dos casos, e Ourense, con 29. Na Coruña-Cee hai 26 novos casos, 25 na área de Ferrol, 21 na de Lugo e 13 na de Pontevedra. O número de dose de vacina contra a covid-19 administradas na Comunidade é de 7.437.507.

Medicamentos e test contra o covid/  SERGAS - Europa Press / Europa Press
Medicamentos e test contra o covid/ SERGAS - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta