Bugallo di que o atropelo de dous peóns por un bus en Santiago é un feito "bastante extraordinario"

Foi na curva de San Roque, en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Unha muller de 54 anos e un home de 57 resultaron feridos na tarde deste mércores ao ser atropelados por un autobús urbano na curva de San Roque, no centro urbano de Santiago de Compostela.

Segundo indicaron fontes coñecedoras do suceso a Europa Press, as dúas persoas foron atendidas e trasladadas ao hospital da Rosaleda.

Así, por este accidente preguntaron os medios este xoves nunha rolda de prensa ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, por se o Concello avalía medidas para evitar os accidentes dos autobúses nese cruzamento.

"Non teño constancia de máis accidentes nesa curva, non teño coñecemento da causa exacta, pero parece ser que foi un golpe que o vehículo lle deu a esas persoas, entendo que a consecuencia de non velas", detallou o primeiro edil.

Desta forma, sinalou que lle parece un tema "bastante extraordinario" e "non ten que ver" co funcionamento dos autobuses. "É unha curva moi pechada en ángulo recto onde todos os profesionais saben que teñen que ter coidado nese xiro", incidiu Bugallo.

Bus urbano
Bus urbano | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta