O Xulgado de Ferrol deixa en liberdade a un home acusado de tres roubos e cun amplo historial delituoso

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol, en funcións de garda, decretou este xoves a posta en liberdade dun home de 42 anos cun amplo historial delituoso que foi arrestado recentemente acusado de tres roubos.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o home foi detido o pasado mércores por roubar a recadación de dúas máquinas con obxectos infantís dun centro comercial situado en Ferrol. Tamén está acusado de levar doutro centro comercial, situado en Narón, unha máquina tamén de venda de xoguetes infantís. Por último, entrou nunha lavandaría de autoservizo situada en OuPonto, en Narón, e colocouse unha bolsa na cabeza para non ser recoñecido.

Acto seguido, virou unha das cámaras de seguridade e quitouse a bolsa da cabeza, pero non se decatou da existencia doutra cámara, que o gravou roubando no establecemento a recadación da máquina do café.

Barrio de Recimil, en Ferrol
Barrio de Recimil, en Ferrol | Fonte: Urbancidades.wordpress.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta