O Sergas defende en Barcelona a súa actuación ante a falta de médicos, cos concursos de méritos como medida estrela

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña, presentou en Barcelona este xoves as medidas que leva a cabo a Administración sanitaria galega para conseguir médicos para as prazas de difícil cobertura --de atención primaria, saúde mental e hospitais comarcais--, cos concursos de méritos como medida estrela.

Así, Comesaña Álvarez participou na mesa sobre medidas de emprego e condicións de traballo, na que puxo en evidencia a "común preocupación" polo déficit de especialistas de medicina familiar e comunitario e destacou as que puxo en marcha o Sergas.

Entre elas, destacou a creación este ano de 106 prazas de facultativos de atención primaria por concurso de méritos, ás que se sumarán outras 139 de facultativo especialista de área en hospitais comarcais, saúde mental e atención primaria que se convocarán, por este mesmo procedemento, no ano 2023.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa xerenta do Sergas, Estrella López-Pardo /  Xunta de Galicia / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa xerenta do Sergas, Estrella López-Pardo / Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta