Un biomarcador en sangue permite detectar o cancro colorrectal temperán

Trátase dunha investigación liderada polo IDIS.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Un novo biomarcador epixenético, que pode analizarse en mostras de sangue, permitiría diagnosticar o cancro colorrectal (CCR) nas súas etapas máis iniciais, segundo un estudo liderado por Ángel Díaz-Lagares e Rafael López da área de Cancro do CIBER (Ciberonc), do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

A investigación, segundo sinalou o Idis nun comunicado, confirmou que a detección da metilación do xene LINC00473 a través de biopsia líquida podería ser útil para o cribado no invasivo do CCR en persoas que aínda non presentan síntomas.

O estudo, no que participaron 24 investigadores de 10 institucións nacionais e internacionais, tamén demostrou a súa utilidade para avaliar a eficacia do tratamento en pacientes con cancro colorrectal en fases avanzada.

Así, Díaz-Lagares explicou que as marcas epixenéticas como a metilación do ADN "controlan o funcionamento dos xenes actuando como interruptores" e que estas "poden estar alteradas nas etapas máis iniciais do cancro, converténdoas en biomarcadores ideais para a detección precoz da enfermidade".

O CCR é o terceiro tipo de cancro detectado con maior frecuencia e, segundo sinalada o estudo, espérase que os casos aumenten un 60% de aquí ao ano 2030. Ademais, este tipo de tumores diagnostícase habitualmente nunha etapa avanzada, polo que representa unha das principais causas de mortalidade por cancro.

Os líderes da investigación colaborativa permite detectar o cancro colorrectal temperán, Ángel Díaz-Lagares e Rafael López da área de Cancro do CIBER. SERGAS
Os líderes da investigación colaborativa permite detectar o cancro colorrectal temperán, Ángel Díaz-Lagares e Rafael López da área de Cancro do CIBER. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta