O Goberno central presentará o recurso contra o veto á frota de fondo o vindeiro luns

Nun primeiro momento, o ministro dixo que o Goberno estudaría a opción de acudir á vía xudicial fronte a esta medida, aínda que non foi ata máis tarde que se comprometeu a interpor un recurso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2022 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O prazo para que o Goberno central interpoña recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea contra a prohibición de pescar en 87 áreas do Atlántico nororiental termina o vindeiro sábado, 19 de novembro. In extremis, este venres, fontes do Ministerio de Agricultura e Pesca, que dirixe Luís Planas, confirmaron a Europa Press que se presentará o vindeiro luns.

A continuación, o mércores 16, está convocado consello consultivo por parte do Ministerio de Agricultura e Pesca e dous días despois, o venres 18, a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores reunirase co comisario europeo de Pesca, Océanos e Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius.

O pasado mércores, nun acto en Burela, onde se concentra unha parte relevante da frota afectada en Galicia polo veto, a secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, xa trasladara que os traballos dos servizos xurídicos do Estado estaban "moi avanzados".

O Executivo central tiña dous meses a contar desde o pasado 19 de setembro, data na que o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a medida.

Pola súa banda, o sector ten máis tempo de tope para recorrer: ata o 15 de decembro. Por agora presentouno a organización de produtores de Burela.

Nun primeiro momento, o ministro dixo que o Goberno estudaría a opción de acudir á vía xudicial fronte a esta medida, aínda que non foi ata máis tarde que se comprometeu a interpor un recurso.

Pola súa banda, a Xunta, a través da Consellería do Mar e mediante o traballo de varios expertos xuristas na materia, achegoulle un documento basee para elaborar o recurso.

PESIMISMO

Neste escenario, e ás portas da campaña de Nadal, o sector pesqueiro galego aínda está a tratar de adaptarse á nova situación imposta tras a entrada en vigor o pasado 9 de outubro do regulamento europeo que veta a pesca de fondo nestes 87 caladoiros do Océano Atlántico.

Os seus representantes advirten de que supuxo unha caída das capturas e fixo que se instale unha sensación de "pesimismo" de face ao futuro.

Así, asociacións do sector en Galicia mostraron a súa preocupación sobre a subsistencia das empresas debido a que moitos barcos tiveron que buscar outros caladoiros onde pescar. No entanto, na maioría das ocasións non obteñen alí os mesmos resultados que nas súas zonas tradicionais de traballo.

Un grupo de persoas protesta contra o veto á pesca na praza do Concello, a 8 de outubro de 2022, en Ribeira, A Coruña, Galicia (España).. César Arxina - Europa Press
Un grupo de persoas protesta contra o veto á pesca na praza do Concello, a 8 de outubro de 2022, en Ribeira, A Coruña, Galicia (España).. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta