A Xunta convoca os concellos da Coruña e Oleiros para resolver o proxecto da pasarela de Oza a Santa Cristina

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/11/2022 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Xunta convocou os concellos da Coruña e de Oleiros para manter unha reunión e abordar o proxecto da senda litoral que inclúe a pasarela de Oza a Santa Cristina co obxecto de coñecer se apoian ou rexeitan esta iniciativa.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor | Fonte: Europa Press.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, ofreceron hoxe unha rolda de prensa sobre este proxecto, na que detallaron todos os informes técnicos e ambientais que sustentan, segundo o departamento autonómico, a viabilidade desta actuación, cun investimento previsto de oito millóns.

Francisco Menéndez explicou que a Xunta preparou o prego para licitar o contrato de redacción de proxecto e execución das obras da senda litoral entre A Coruña e Oleiros. Con todo, advertiu que fai falla coñecer con claridade se os concellos o apoian ou rexeitan.

Segundo sostivo, esta senda e a pasarela forman un proxecto de mobilidade sostible que cumpre cos requisitos impostos polo Goberno de España para o investimento de fondos europeos extraordinarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta