O PP galego atribúe a mobilización de Madrid "á sanidade española": "Non é un problema de Ayuso ou Rueda"

O PSdeG observa parecidos "perigosos" en Galicia e o BNG destaca as protestas cidadás no Salnés

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2022 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

O viceportavoz parlamentario do PP galego Alberto Pazos Couñago mostrou este martes o seu "respecto" pola mobilización que tivo lugar o pasado domingo, unha manifestación que se convoca "lexítimamente", dixo, polos "problemas da sanidade española".

"Non é un problema de (Isabel Díaz) Ayuso nin de (Alfonso) Rueda; non é dun presidente autonómico concreto, é de todos", manifestou en rolda de prensa tras a xunta de portavoces.

Mentres, o portavoz parlamentario socialista, Luís Álvarez, pronunciouse sobre o anuncio feito este luns na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, de que se formará a persoal de enfermaría para ter coñecementos sobre como actuar ante a ausencia dun médico. Respecto diso, observou un parecido "peligrosísimo" coa política sanitaria da presidenta madrileña.

Mentres, a viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, referiuse aos problemas sanitarios que vive esa área sanitaria e destacou a mobilización social da comarca en defensa da sanidade pública "de toda Galicia".

"DEMAGOXIA"

"Cando falamos de sanidade, falamos dun servizo que afecta o conxunto da poboación e require que falemos en serio, que nos afastemos da demagoxia", manifestou o deputado popular, para incidir, a continuación, que a manifestación de Madrid ten que ver con "unha falta de determinadas especialidades", médicos de familia e pediatras".

Así mesmo, expuxo que hai dúas cuestións que se consideran "esenciais" por parte dos populares e que van na mesma liña do que demanda a Xunta: a convocatoria extraordinaria de MIR para poder dotar de prazas o sistema e a creación da especialidade de urxencias.

Pazos Couñago tachou de "demagoxia" que o "portavoz socialista de Cantabria" apoie unha manifestación mentres "non di nada sobre a manifestación" na súa comunidade. "Non é serio", descualificou o deputado popular, quen sinalou o seu "respecto máximo á xente que se manifesta cando comproba que (os gobernos) non son capaces de dar sempre solucións", dixo usando a primeira persoa.

Con todo, lamentou que hai quenes teñen "interese en facer ruído onde gobernan os demais". Así, contrapuxo que os popularse "están a tentar resolver" os problemas en Galicia (citou o concurso de méritos para cubrir 106 prazas de médico de familia) e dixo que a súa política "está a ter resultados, pero non teñen varitas máxicas".

E sobre a proposta concreta da PAC da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, dixo que "se falará de quen e para quen", pero rexeitou "declaracións grandilocuentes".

Preguntado sobre se cre que se incrementará a mobilización social en Galicia ante a situación da sanidade, mostrouse seguro de que o que haberá é "un incremento da demagoxia en Galicia". "Pode ir a máis, tanto PSOE como BNG teñen marxe de mellora (en demagoxia). Estou seguro de que haberá un incremento", sentenciou.

Unhas 200.000 persoas segundo a Delegación de Goberno marchan durante unha manifestación contra o desmantelamento da Atención Primaria na Sanidade Pública.
Unhas 200.000 persoas segundo a Delegación de Goberno marchan durante unha manifestación contra o desmantelamento da Atención Primaria na Sanidade Pública. | Fonte: Alejandro Martínez Vélez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta