O TSXG rexeita o recurso do alcalde de Ourense sobre a modificación de crédito de 62 millóns

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2022 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso presentado polo rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, contra a sentenza que rexeitaba a modificación de crédito de 62 millóns de euros e anulaba parcialmente a tramitación que o alcalde vinculara a unha cuestión de confianza.

O tribunal ratifica o xa acordado no seu momento no Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense, que estimaba en parte o recurso interposto por catro concelleiros do grupo municipal do Partido Socialista contra o decreto de Alcaldía, polo que se aprobou definitivamente a modificación orzamentaria para executar obras na cidade.

A sentenza do Xulgado anulaba a resolución recorrida no sentido de acordar a "retroacción de actuacións ao momento inmediatamente posterior ao transcurso do prazo dun mes para a presentación da moción de censura", e esixía proceder á exposición pública da aprobación inicial da modificación orzamentaria e abrir un prazo de quince días hábiles para presentar alegacións, algo que non se pruduxo no seu momento. O alcalde avanzou que recorrerá tamén este fallo, nesta ocasión ante o Supremo.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta