Morren outras dúas persoas por Covid que elevan a cifra total a 3.958 vítimas

Os dous falecidos tiñan patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este xoves outras dúas mortes de pacientes diagnosticados con Covid-19. Trátase dun home de 82 anos da área sanitaria de Ferrol e outro de 89 anos da área da Coruña; ambos os falecidos o pasado martes e con patoloxías previas. Con elas, a listaxe oficial de óbitos que deixa a pandemia en Galicia ascende a 3.958.

Mentres tanto, de acordo cos datos publicados este xoves polo Sergas, actualizados ás 18,00 do mércores, os hospitalizados con covid en toda Galicia baixaron en tres, ata os 184 en total: 171 en planta --seis menos que hai un día-- e 13 en unidades de coidados intensivos --tres máis--.

A da Coruña-Cee é a área que máis ingresados contabiliza, con 52 (sen cambios), seguida da de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, que contabiliza 34 (sen cambios), e da de Santiago-Barbanza, con 31 en total (+2). Os ingresados soben tamén en Ferrol ata os 15 (+1). Pola contra, os hospitalizados con covid descenderon na de Pontevedra-O Salnés a 19 (-1), na de Lugo-A Mariña-Monforte a 16 (-3) e na de Vigo, a 17 (-3).

Todo iso nunha xornada con 1.793 casos activos de Covid-19, o que implica 70 infeccións máis que hai 24 horas. A área con máis pacientes segue sendo a de Ourense con 420, que son 25 máis que hai un día. Tamén ascenderon na área de Santiago, a 292 (+22), na de Lugo, a 245 (+10), en Vigo, a 265 (+11), e en Ferrol, a 154 (+11). Con todo, baixan na área da Coruña, ata 275 (-9); e na de Pontevedra mantéñense sen cambios, en 138.

O Sergas computa este xoves outros 149 positivos novos en Covid-19 detectados nas últimas 24 horas, 37 menos que o mércores. Boa parte deles (35) correspóndense coa área de Ourense. Séguenlle Santiago (26), A Coruña (24), Lugo (22), Vigo (21), Ferrol (12) e Pontevedra (8).

Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19
Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19 | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta