Menos sanidade pública

O galego Dr. Juanatey, un dos máis senlleiros cardiólogos da Europa, ven de dicir que si a mortaldade cardiovascular luguesa e ourensá é ben máis alta ca a das áreas coruñesa, viguesa ou compostelá a razón ben podería ser a falla de mantemento dun Servizo de Hematoloxía operativo as 24 horas no HULA lugués ou no CHOU ourensán.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 02/11/2014

Comparte esta noticia
 O mesmo doutor lembra que a pobreza xera doenza cardiovascular e ésta morte e que, desque principiou a Grande Recesión, a mortaldade resultante da doenza cardiovascular repuntou un chisco. Cos recurtes imos, pois, cara atrás nun eixo tan importante da sanidade e do benestar como é a redución da mortaldade cardiovascular.
 
A Xunta pechou 2600 camas entre xuño e setembro por mór das feiras do persoal sanitario. Os usuarios son coincidentes en afirmar que a atención sanitaria reduciuse e que o verán é un tempo perigoso para enfermar. Por suposto, dende o Goberno galego o problema non existe ou non está enfocado a xeito.Mais a cidadanía-e o persoal sanitario-din o que dín.
 
Mentres, a cidadanía asiste pampa como se lle negan os dados esenciais para coñecermos as características da prestación sanitaria que vai desenvolver o Hospital vigués de Povisa a prol dos usuarios desa área do sur do noso País. E os usuarios coruñeses reclaman o reactivamento da Medicina Interna no Hospital Abente y Lago ou o mantemento integral do Centro de Planificación Familiar de Orillamar.
 
Por non falar da deterioración da asistencia farmacolóxica aos nosos maiores e dependentes desque existe o copagamento. Ou do gravísimo problema que enfronta un país que xubila aos 65 anos aos seus mellores médicos e sanitarios.
 
A ARRINCADEIRA.- Rajoy segue a apostar polo inmobilismo e a “non política”fronte ao problema catalá, mentres Europa mira con desconfianza a incapacidade do Goberno español para enfrontar este problema. Disque un 20% das persoas catalás que defenden a independencia asumiron esta proposta dende a sentenza do Tribunal Constitucional do 2010. Non por acaso dicía Castelao que o Madrid político fabrica independentistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.