Aumentan case un 3% as denuncias por violencia machista en Galicia

O descenso de denuncias durante 2020, un 7% menos que en 2019, débese a que "en épocas de crises, como a pandemia, cae o volume debido ás maiores dificultades que atopan as mulleres para pedir axuda".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O número total de denuncias por violencia de xénero en Galicia en 2021 foi de 6.259, un 2,7% máis que en 2020 e un 17,67% máis que hai unha década, segundo as cifras do Consello do Poder Xudicial.

Os datos, recompilados polo informe 'Violencia de xénero e emprego' da Fundación Adecco, indican que o número de denuncias por cada 1.000 mulleres foi de 4,5 en 2021 en Galicia. Estas cifras sitúanse por baixo da media nacional, de 6,8 denuncias por cada 1.000 mulleres.

Ademais, o estudo constata que o descenso de denuncias durante 2020, un 7% menos que en 2019, débese a que "en épocas de crises, como a pandemia, cae o volume debido ás maiores dificultades que atopan as mulleres para pedir axuda".

VIOLENCIA DE XÉNERO E EMPREGO

O informe da Fundacción Adecco, que basea as súas conclusións enuna enquisa a 210 desempregadas vítimas de violencia de xénero en España, sinala que o 91% das enquisadas manifesta algún grao de dificultade para chegar a fin de mes.

Nesta liña, a análise mostra que seis de cada dez desempregadas vítimas da violencia de xénero aceptaría un posto de inferior cualificación con tal de ter un emprego. Ademais, o 46,09% traballaría sen cotizar na Seguridade Social.

O estudo subliña que o 62% das entrevistadas cre que seguen existindo prexuízos á hora de contratar a unha muller que acreditacondición de violencia de xénero e o 73% delas prefire non comunicar esta situación. Así, o 43% sinala que se lles achaca ser persoas inseguras, mentres que un 39% indica a crenza de que se ausentarán máis do seu posto.

Xulgados de Santiago de Compostela
Xulgados de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta