Os taxistas contarán con axudas para a compra de vehículos de cero emisións e adaptados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este xoves que o Goberno galego sacará unha nova orde de axudas para a adquisición de vehículos adaptados, de emisións cero ou eco, para os taxistas.

A Xunta sinalou nun comunicado que esta nova convocatoria, correspondente ao ano 2023, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o próximo 24 de novembro e contará cun investimento de 500.000 euros.

Alfonso Rueda deu a coñecer estes apoios nun encontro coa directiva da Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (Fegataxi) e destacou que pretenden "favorecer a renovación da frota de vehículos deste transporte esencial".

Nesta liña, explicou que con estes incentivos "mellórase a accesibilidade ao transporte" e que "se facilita a compra de taxis adaptados ás persoas con mobilidade reducida". Ademais, engadiu que "ao mesmo tempo se reduce a contaminación, incorporando modelos de emisións cero ou de categoría ECO".

Así mesmo, o presidente da Xunta lembrou que a Xunta leva concedidos desde 2016 un total de 4,5 millóns de en axudas que beneficiaron a 745 taxistas.

Taxistas nunha protesta polo borrador da Xunta sobre os VTC
Taxistas nunha protesta polo borrador da Xunta sobre os VTC | Fonte: Jesús Prieto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta