As vítimas de violencia machista seguirán recibindo axudas mensuais outros dous anos

Os apoios van dos 200 aous 800 euros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O Goberno galego manterá durante outros dous anos (2023 e 2024) os apoios económicos de carácter mensual que concede ás vítimas da violencia machista, coa finalidade de contribuír a que consigan "gañar independencia dos seus agresores".

Para estas axudas, que van dos 200 aos 800 euros mensuais, o Consello da Xunta aprobou unha consignación de 5,6 millóns de euros de fondos autonómicos --cifra ampliable en función das necesidades-- para facer fronte durante 2023 e 2024 a estes pagos periódicos.

Estas axudas convocaranse en xaneiro, aínda que poden solicitarse en calquera momento do ano e, de ser necesario, o Goberno galego pode ampliar o seu orzamento. Son potenciais beneficiarias as mulleres vítimas de violencia machista que rompesen a convivencia co agresor no último ano, as vítimas de trata con fins de explotación sexual e as vítimas de violencia vicaria.

Manifestación contra a violencia machista | AXM
Manifestación contra a violencia machista | AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta