O arroaz Confi ou Manoliño xa se move outra vez libre pola ría de Muros-Noia

CEMMA di que continuará monitorizando ao animal para evitar que volva sufrir danos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/11/2022 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Desde o martes 15 o arroaz Confi/Manoliño xa non presenta o arpón no seu costado". Desta forma a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) confirmou este xoves unha noticia que xa avanzaban o martes algúns submarinstas da Ría de Muros-Noia (A Coruña), onde o golfiño reside desde hai anos, e que apuntaban a que xa non vían o arpón cravado no costado esquerdo do animal.

O golfiño Confi ou Manoliño, libre do arpón
O golfiño Confi ou Manoliño, libre do arpón | Fonte: Cemma

Ao parecer foi o propio arroaz quen cos seus rozamentos constantes contra superficies como a do peirao do Freixo, en Outes, desfíxose da varilla do arpón xa que, segundo contaron desde CEMMA, "no último intento de sacarllo o venres notábase que a varilla externa tiña máis mobilidade, pero tampouco se puido facer nada, e debeu ser el mesmo -cos rozamentos contra estruturas que repetía desde o primeiro día o que logrou sacalo"

A confirmación llebaga este mércores cando desde unha embarcacion biólogos do CEMMA podían divisar o lombo do arroaz libre xa da varilla, aínda que en rolda de prensa a oceanógrafa Uxía Vázquez aclarou que "o que non podemos confirmar é que aínda non quede a parte metálica do arpón cravada no costado de Confi".

E é que parece que o golfiño agora non está polo labor de achegarse aos humanos e rexeitou" os intentos de achegamento destes últimos días que, aínda que constataron que segue en bo estado de saúde e que "a súa natación e mobilidade seguen sendo boas", o que apuntaría a sufrir poucos danos, estas primeiras estimacións non poden ser defintivas en canto a que non poida sufrir danos no futuro.

De feito confirman desde CEMMA que "continuaremos coa monitorización e seguimento por se a ferida interna aínda puidese sufrir algunha complicación e seguiremos á espera de que o culpable poida ser descuberto algún día".

A boa nova chega cando xa se acadaran preto de 100.000 sinaturas para instar á Xunta a actuar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta