O número de mortos pola Covid achégase aos 4.000 en Galicia

O Sergas notifica tres novos falecidos con covid e un aumento dos casos activos, pero baixan os ingresados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este venres os falecementos de tres persoas que estaban diagnosticadas de covid-19, co que a listaxe oficial de vítimas que deixa a pandemia en Galicia ascende a 3.961. Mentres tanto, os casos activos da enfermidade volveron a subir, ata os 1.918, aínda que baixaron os ingresados, a 175.

Os falecidos correspóndense con días pasados. Un deles, que morreu o martes 15 de novembro, era un home de 69 anos da área sanitaria da Coruña-Cee; e os outros dous restantes tratábase de dúas mulleres, de 92 e 87 anos, da área de Vigo. Todos eles tiñan patoloxías previas.

No que respecta aos casos activos, é dicir, as persoas que padecen actualmente a enfermidade, os datos publicados este venres polo Sergas --actualizados ás 18,00 do xoves-- reflicten un aumento de 125 nas últimas 24 horas, ata os 1.918, debido a que os novos diagnósticos superaron ás altas.

Por áreas sanitarias, a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras segue á cabeza con 472, tras un aumento de 58 nun só día. Séguelle A Coruña-Cee, pero de lonxe, con 298 casos totais (+23).

Tamén aumentaron os casos activos na de Santiago-Barbanza, que contabiliza 294 (+2); a de Vigo, con 288 (+23); a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 246 (+1); a de Ferrol, con 165 (+11); e a de Pontevedra-O Salnés, con 145 (+7). Con todo, hai outros catro pacientes que non teñen área sanitaria asignada, os mesmos que hai un día.

Todo iso nunha xornada na que o Sergas notifica 160 novos contaxios de covid-19. Boa parte (46) correspóndense coa área ourensá, tras a que se atopan A Coruña (33), Vigo (25), Pontevedra (20), Santiago (13), Ferrol (12) e Lugo (11).

En canto á presión hospitalaria, descendeu nas últimas horas ata os 175 ingresados con covid en toda Galicia, nove menos. En concreto, hai 163 pacientes en planta (-8) e os 12 restantes están en unidades de coidados intensivos (-1).

Un paciente con Covid trasladado ao Hospital de Lugo
Un paciente con Covid trasladado ao Hospital de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta