Temas: FEMINISMO BNG

O BNG reivindica en Bruxelas que Europa "será feminista ou non será"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/11/2022 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, participaron este venres na Conferencia de Mulleres organizada pola Alianza Libre Europea (ALE) en Bruxelas, onde reivindicaron que Europa "será feminista ou non será".

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, na Conferencia de Mulleres organizada pola Alianza Libre Europea en Bruxelas
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, na Conferencia de Mulleres organizada pola Alianza Libre Europea en Bruxelas | Fonte: BNG.

A xornada foi inaugurada pola propia Ana Miranda en compañía da presidenta da ALE, Lorena López Lacalle, e contou coa participación de mulleres representantes de diversas formacións políticas de toda Europa.

No transcurso da conferencia aprobaron o manifesto 'Europa será feminista ou non será', polo cal se considera a violencia de xénero un "eurocrime". A eurodeputada do Bloque defendeu o manifesto e considerado necesaria unha lexislación "máis ambiciosa" que inclúa todos os tipos de violencia de xénero.

Por outra banda a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos destacou a importancia de pór en valor o traballo feminista dentro da organización e desde as alcaldías a través de políticas que contribúan a xerar igualdade.

Temas: FEMINISMO BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta