Amador Castro gaña a XXXIV edición do premio Torrente Ballester de narrativa na súa modalidade en galego

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/11/2022 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A novela 'Pronto hei de volver' conseguiu o premio da XXXIV edición do galardón Torrente Ballester de narrativa, que convoca a Deputación da Coruña na súa modalidade en galego.

Amador Castro
Amador Castro | Fonte: Deputación da Coruña.

A obra de Amador Castro Moure impúxose entre os 55 exemplares recibidos na modalidade de lingua galega, explica a institución provincial.

A decisión faise pública tras a decisión do xurado, reunido no Pazo de Mariñán, en Bergondo. De acordo co seu ditame, trátase dunha novela "interesante desde o punto de vista discursivo".

Tamén resalta que aborda o tema da emigración desde un punto de vista "novo", engade sobre o contido dunha obra dun escritor galego, nado en Chantada, pero afincado en Barcelona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta