Temas: INDITEX

Carlos Crespo, home de confianza de Pablo Isla en Inditex, deixará a compañía tras só un ano no seu novo cargo

O ex CEO do grupo presidido por Marta Ortega será substituído no comité de Dirección por Javier Losada, director de Sustentabilidade.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/11/2022 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Carlos Crespo deixará a finais deste ano Inditex, compañía na que ocupou o posto de conselleiro delegado da man de Pablo Isla desde xullo de 2019 ata novembro de 2021, data na que, coincidindo coa renovación da cúpula directiva, foi nomeado director xeral de Operacións, Transformación Sustentable e Dixital.

Carlos Crespo
Carlos Crespo | Fonte: Inditex - Europa Press.

En concreto, Crespo abandonará o grupo galego para iniciar unha nova etapa na súa carreira profesional, segundo informou a compañía este venres á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Coa saída de Crespo, home de confianza de Isla, a compañía culmina o seu proceso de reorganización interna, con Marta Ortega á fronte da presidencia desde o pasado 1 de abril e Óscar García Maceiras como conselleiro delegado desde novembro do pasado ano.

"A súa saída prodúcese tras contribuír de forma moi relevante á culminación do proceso de reorganización interna iniciado en novembro de 2021 co nomeamento de Óscar García Maceiras como conselleiro delegado", explicou a firma.

De feito, a pesar de abandonar a primeira liña en Inditex a finais do pasado ano, Crespo participou no deseño e estratexia do plan de transición na cúpula da compañía, tras a saída de Isla do grupo.

Por iso, a dirección de Inditex subliñou tanto a súa achega persoal ao deseño e execución deste proceso como a súa "exemplar" traxectoria no seo do grupo ao longo de máis de dúas décadas e, en particular, o seu desempeño en postos de gran responsabilidade.

Temas: INDITEX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta