A Xunta recibe cinco ofertas para executar as obras de ampliación do Hospital Clínico de Santiago

O custe das obras será de 72,8 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2022 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia recibiu un total de cinco ofertas de empresas para executar as obras de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, que suporán un investimento de 72,8 millóns de euros.

Tal como informou o Goberno autonómico nun comunicado, destas cinco ofertas, catro delas están conformadas por UTEs, que engloban un total de 10 compañías. A intervención levará aparellados 1.400 empregos e blindará a sanidade pública de 450.000 cidadáns. A previsión é iniciar os traballos a principios da primavera de 2023, cun prazo de execución de 42 meses (tres anos e medio).

O obxectivo deste contrato é ampliar a superficie do actual centro hospitalario en case un 30%, de modo que se poida mellorar a atención dos pacientes. Para iso, o proxecto prevé, entre outros elementos, a ampliación do edificio A, no que se atopa a área de hospitalización, os servizos centrais e emerxencias.

Hall principal do Hospital Clínico de Santiago
Hall principal do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta