Villarino renuncia a seguir como portavoz municipal do PSOE en Ourense tras a designación a dedo do candidato

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/11/2022 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia



Rafael Rodríguez Villarino, cabeza de lista dos socialistas nas últimas eleccións municipais, comunicou este sábado a súa decisión de non continuar como portavoz local do PSOE, despois da decisión da dirección do partido de designar como candidato para os próximos comicios ao exalcalde Francisco Rodríguez, suspendendo así as primarias ás que aspiraba a concorrer o propio Villarino.

Nun comunicado, Villarino apunta que "a designación dun novo candidato debe corresponderse" coa dun ou unha nova portavoz que "transmita as súas directrices políticas ao grupo municipal no seo da actual corporación ata que termine o actual mandato" e coa vista posta nas eleccións.

"Como socialista estiven, estou e estarei a disposición do partido e da nova portavocía na cidade, coa debida lealdade, compromiso e respecto", engadiu Villarino, que expresou a súa "gratitude" polo "recoñecemento percibido cara ao traballo feito" así como "pola confianza e o agarimo depositados" nel "ao longo de losaños" nos que tivo "a honra de ser portavoz do grupo socialista no Concello de Ourense".

"Como socialista traballei, e seguirei traballando, na mellora das condicións de vida na nosa terra. Estou seguro que, co esforzo de toda a militancia socialista, brindaremos o futuro que a xente de Ourense desexa e merece", finaliza Rodríguez Villarino, que asina o seu comunicado como "militante do PSdeG-PSOE de Ourense".

O secretario provincial do PSdeG-Ourense, Rafael Rodríguez Villarino.. PSDEG OURENSE
O secretario provincial do PSdeG-Ourense, Rafael Rodríguez Villarino.. PSDEG OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta