Activada para este luns unha alerta laranxa por temporal na costa galega

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2022 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias anunciou a activación para este luns dunha alerta laranxa por temporal na costa galega que afectará a partir das 03,00 horas a Lugo e ao noroeste da Coruña.

Segundo a información que ofreceu a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico traerá ventos do suroeste de forza oito e ondas de ata sete metros de altura.

No oeste da Coruña, está previsto que a climatoloxía cambie sobre as 10,00 horas con ondas de ata sete metros. Por outra banda, o suroeste da Coruña e a provincia de Pontevedra notarán os cambios ás 13,00 horas e haberá mar combinado co noroeste con ondas que poderán alcanzar o seis metros.

Por iso, a Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da costa e tomar precaucións ao realizar actividades no mar, mediante a revisión de cabos e amarres das embarcacións.

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro polo paso dunha borrasca
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro polo paso dunha borrasca | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta