Detidos tres mozos en Ferrol, dous deles menores de idade, tras asestarlle 15 puñaladas a outro para roubarlle

Ademais recibiu golpes na cara e por todo o corpo.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 20/11/2022 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia



Axentes da Policía Local de Ferrol detiveron a tres mozos, dous eles menores de idade e outro de 18 anos, todos con antecedentes, como supostos autores dunha agresión a outro home, de 22 anos, que se atopa en estado grave ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Segundo trasladaron a Europa Press varias fontes, a agresión produciuse sobre as 06,15 horas deste domingo no apeadeiro de FEVE, no barrio ferrolán de San Xoán.

O agredido saíra minutos antes dunha discoteca da zona cando foi abordado polos seus agresores, que lle propiciaron golpes por todo o corpo, ademais de asestarlle varias puñaladas por detrás, entre 10 e 15, para poder desta forma roubarlle as súas pertenzas, como o teléfono móbil e a carteira.

O sinal de socorro dérona outros mozos que pasaban pola zona e que reclamaron a dúas patrullas de axentes, que ían iniciar un control de alcoholemia, que algo estaba a ocorrer. Deste xeito, os efectivos policiais desprazáronse ao lugar e atopáronse ao ferido, polo que procederon a solicitar unha ambulancia que trasladou ao ferido ao Hospital Arquitecto Marcide.

DETENCIÓN

Nese momento, comezaron unha batida pola zona que finalizou coa localización de dous dos supostos agresores, que trataron de escapar á carreira. Tratábase dun menor, que se escapou dun centro de internamento, e outro maior de idade. Ambos foron detidos e trasladados á comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón.

Posteriormente, localizouse a outro home, tamén menor, e que estaría implicado na agresión, polo que foi detido e trasladado a comisaría.

Pola súa banda, o ferido, en vista das feridas sufridas, foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario da Coruña tras empeorar o seu estado de saúde.

Dous vehículos da Policía Local, nun control policial para evitar botellóns e aglomeracións
Dous vehículos da Policía Local, nun control policial para evitar botellóns e aglomeracións | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta