Ribeira de Piquín, Barbadás e O Carballiño sofren tremores esta fin de semana

O máis forte foi o de Ribeira de Piquín, de 2,1º.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O municipio lucense de Ribeira de Piquín sufriu un tremor ás 06,05 horas deste luns de magnitude 2,1, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

Tamén durante o fin de semana, as localidades ourensás de Barbadás e O Carballiño rexistraron, o sábado e domingo, dous pequenos tremores. Segundo o IGN, o máis importante tivo lugar ás 13,35 horas do sábado no Carballiño de magnitude 1,8 con epicentro a uns 11 quilómetros de profundidade.

Así, ao día seguinte, o domingo 20 ás 17,28 horas rexistrábase en Barbadás un pequeno tremor de magnitude 1,7.

Tremor en Ribeira de Piquín (Lugo). INSTITUTO GEOFRÁFICO NACIONAL
Tremor en Ribeira de Piquín (Lugo). INSTITUTO GEOFRÁFICO NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta