Un morto e 81 feridos nos 61 accidentes desta fin de semana

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

As estradas galegas rexistraron durante o pasado fin de semana un total de 61 accidentes de tráfico nos que se produciron 81 feridos e unha vítima mortal, o condutor de 47 anos falecido na noite do domingo en Carballo.

Desde o mediodía do venres á medianoite do domingo, 061 Urxencias Sanitarias atendeu 82 chamadas por accidentes de circulación que motivaron a mobilización de 76 recursos.

Das 81 persoas feridas, 17 foron derivadas a centros sanitarios e 63 atendidas no lugar. O domingo foi a xornada con máis sinistros con 24 e Pontevedra, con 29, a provincia con maior número de accidentes durante o fin de semana.

Un terzo dos feridos tiña idades comprendidas entre os 20 e os 34 anos e case o 60% do total de persoas atendidas eran homes.

Helicóptero medicalizado do 061. @HELICOSANTIAGO
Helicóptero medicalizado do 061. @HELICOSANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta