Diversas manifestacións reclaman pediatras, atención ambulatoria polas tardes e mellores condicións laborais para os sanitarios

SOS Sanidade Pública e a Asociación Pediatras e Matronas saíron á rúa o domingo en distintas localidades galegas para mobilizarse ao redor dos seus centros de saúde e reclamar á Xunta de Galicia que cumpra coa cobertura dos servizos e o persoal "eliminado" dos centros sanitarios

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

SOS Sanidade Pública e a Asociación Pediatras e Matronas saíron á rúa en distintas localidades galegas para mobilizarse ao redor dos seus centros de saúde e reclamar á Xunta de Galicia que cumpra coa cobertura dos servizos e o persoal "eliminado" dos centros sanitarios.

As protestas, que coincidiu coa conmemoración o pasado domingo do Día Mundial da Infancia, transcorreron cun ambiente festivo e actuacións con bonecos destinadas aos máis pequenos.

As asociacións denuncian que a situación actual, causada pola "destrutiva xestión" da Consellería de Sanidade, obriga ás familias a desprazarse en coche cos seus fillos enfermos para acudir a outras localidades e así ser atendidos por un pediatra.

Tamén denuncian a ausencia de servizo de consulta polas tardes en distintos ambulatorios ou a falta de ambulancias medicalizadas, o que pode pór en risco a saúde dos pacientes.

Estas mobilizacións sucedéronse durante a xornada dominical en diferentes puntos da xeografía galega. Os centros de saúde de Cee, Sanxenxo (Baltar), O Grove, Cangas, Viveiro ou Santiago (Fontiñas) foron os puntos de encontro para estas protestas contra o "colapso do sistema sanitario galego" que deixou sen servizos básicos aos ambulatorios.

Outra das problemáticas do sistema sanitario autonómico que denuncian son as "malas condicións que se ofrecen ao persoal sanitario", que tachan de "explotación laboral diaria" na que os médicos de familia ven obrigados a cubrir as urxencias a maiores da súa "sobresaturado" cota.

O feito de que non se cubran os postos dos profesionais que se xubilan ou que non se saquen as prazas MIR permitidas polo Goberno Central, son os puntos crave que estas plataformas ven nas dificultades polas que pasan os ambulatorios en Galicia.

Concentración convocada por SOS Sanidade Pública e Asociación Pediatras e Matronas ante o centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo.
Concentración convocada por SOS Sanidade Pública e Asociación Pediatras e Matronas ante o centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo. | Fonte: SOS SANIDADE PÚBLICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta