A campaña de Nadal xerará en Galicia un 18,6 % menos de postos de traballo que o ano pasado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A campaña de Nadal dará emprego en Galicia a ao redor de 23.050 persoas, un volume un 18,6 % inferior ao rexistrado o ano pasado,segundo un informe publicado pola empresa de recurso humanos Randstad.

Segundo sinalou a empresa nun comunicado, a caída do número de postos de emprego na comunidade é a máis elevada de España en puntos porcentuais, onde a media se sitúa nunha baixada do 17,3 %. Así, os contratos que se asinarán na autonomía suporán o 5,7 % do total do país.

Ademais, o informe detalla que, por provincias, Pontevedra rexistrará o maior volume de empregos nestas festas, cun total de 9.740. Nesta liña, na Coruña asinaranse 9.320 contratos, 2.400 en Lugo e 1.590 en Ourense.

Deste xeito, Lugo será a provincia que experimente unha caída máis discreta cun 14,4 %, seguida pola Coruña cun 15,5 %. As provincias de Ourense e Pontevedra, sufrirán unha baixada do 16,1 e o 22,6 %, respectivamente.

A nivel nacional, Randstad indica que se producirán unhas 402.040 contratacións e o sector da hostalaría será o único que incrementará o seu volume de contratos con respecto á campaña do ano pasado, concretamente nun 12,4 %.

Pola súa banda, no comercio caerá a contratación un 29,4 % este ano con 110.927 firmas, fronte ás 157.013 do ano pasado. Ademais, o ámbito da loxística, sufrirá unha caída do 20 %, pasando dos 242.642 contratos do ano pasado a 194.128.

Posto de peixe e marisco
Posto de peixe e marisco | Fonte: Isabel Infantes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta