O choque dun vehículo contra un autobús escolar que ía baleiro, deixa un ferido

Un particular chamaba á central de emerxencias para alertar desta colisión e indicar que o ferido estaba inconsciente e, posiblemente, atrapado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida de consideración ao chocar o turismo no que circulaba contra un autobús escolar, que nese momento ía sen pasaxeiros, no municipio coruñés de Melide.

Segundo informa o 112 Galicia, o accidente tivo lugar ao fío das 13,20 horas no punto quilométrico 50 da N-547. Un particular chamaba á central de emerxencias para alertar desta colisión e indicar que o ferido estaba inconsciente e, posiblemente, atrapado.

O autobús ía baleiro no momento do accidente e o seu condutor resultou ileso. Con todo, a persoa que conducía o coche tivo que ser liberada polos bombeiros de Arzúa, aínda que sen empregar material de excarceración.

Tras a súa liberación, os servizos sanitarios do 061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado con base en Santiago, atenderon á persoa ferida para posteriormente trasladala ao Hospital Clínico da capital galega. Tamén participaron no dispositivo a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Melide e a Policía Local.

Helicóptero do 061 / CEDIDA - EP.  / Europa Press
Helicóptero do 061 / CEDIDA - EP. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta