No que vai de novembro Galicia xa leva acumulados 225 litros por metro cadrado de auga

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 21/11/2022 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Despois dun verán onde a sequía non fixo máis que poñer en jaque ás terras galegas, agora o outono tamén lles está a pasar factura, pero por todo o contrario: a falta de auga dos meses estivais vese sustituída polas inundacións que deixan tras sí os chaparróns xa habituais nestas últimas datas.

Fortes choivas nas inmediacións da Torre de Hércules
Fortes choivas nas inmediacións da Torre de Hércules | Fonte: M. Dylan

O mes de novembro estivo completamente pasado por auga. Este luns acumuláronse 20 litros por metro cadrado, o terceiro maior rexistro do mes: o primeiro foron os 40,6 litros rexistrados o pasado martes 15 e o segundo os 32,4 do domingo 13. Como podemos observar, prácticamente cada semana hai un día de importante chaparrón no que máis vale poñerse a cuberto.

E é que a climatoloxía galega parece estar mudando, con días de precipatacións nos que durante poucas horas se acumula unha grande cantidade de choiva. En concreto, durante o que vai de mes (e aínda quedan dez días para rematalo), acumuláronse xa máis de 225 litros por metro cadrado, dos cales máis da metade (125), recolléronse únicamente dende a pasada semana.

Pola contra, os días que están exentos de choiva son moi poucos, tan só dous: o catro e o doce de novembro. E case a metade, dez, superaron os 10 litros por metro cadrado de precipitacións. Un novembro para non recordar ou para crear momentos no sofá da casa, sen saír demasiado ás rúas.

Ademais, non hai que esquecer que vimos dun mes de outubro que non foi mellor, pois mesmo houbo nel unha xornada na que os litros caídos sumaron 124,6 por metro cadrado (todo un récord histórico).

E en todo outubro só sete días foron secos, polo que podemos dicir que xa encadenamos unha tendencia de humidade, auga e cada vez máis frío que nos prepara para o peor sen aínda chegar ao inverno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta