Arde unha nave de tratamento de madeira en Sarria sen causar danos persoais

Os feitos ocorreron ao redor das 7 da mañá

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2022 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

Unha nave dedicada ao tratamento de madeira situada nun polígono de Sarria rexistrou un incendio que non causou danos persoais. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o lume declarouse ao redor das 07,00 horas deste martes nunhas instalacións do polígono de Betote.

As chamas, que afectaron ás serraduras e a palés almacenados no interior da nave, foron sufocadas polos profesionais dos bombeiros desprazados ao lugar xunto a outros efectivos dos equipos de emerxencias.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta