Temas: AUGA ENCOROS

Os encoros galegos recuperan 40 hectómetros e están ao 47,6% da súa capacidade

O pasado ano hidrolóxico, finalizado o 1 de outubro, foi o segundo máis seco da serie histórica, só por detrás de 2016/2017

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/11/2022 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Os encoros galegos recuperaron durante a última semana 40 hectómetros cúbicos de auga, co que están ao 47,6% da súa capacidade, segundo o Boletín Hidrolóxico publicado este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Arquivo - Un grupo de piraguistas nun encoro galego. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un grupo de piraguistas nun encoro galego. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

En concreto, os encoros galegos teñen 1.770 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 40 máis que hai unha semana ao subir o nivel nas dúas demarcacións galegas.

Así, a conca Galicia Costa está ao 58,8% despois de gañar 27 hectómetros ata un total de 402. Con todo, son 56 menos que hai un ano e 32 por baixo da media da última década.

Pola súa banda, a de Miño-Sil ten agora 1.368 hectómetros de auga almacenada nos seus encoros despois de subir en 13 durante a última, o que os deixa ao 45,1% da súa capacidade. Trátase dunha cifra superior en 150 hectómetros á de 2021 pero inferior en 224 á da media dos últimos 10 anos.

BALANCE EN MIÑO-SIL

Tamén este martes, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil fixo balance do ano hidrolóxico 2021/22 concluído o pasado 1 de outubro, que foi o segundo máis seco da serie histórica (contabilízase desde 1980) só por detrás de 2016/17.

A precipitación acumulada media de 694,6 litros por metro cadrado, un 39 % por baixo da media histórica. En canto ao recentemente iniciado ano hidrolóxico 2022/23, as choivas son ata o momento uns 21 % superiores á media.

Con todo, as precipitacións nos últimos 12 meses naturais estiveron un cuarto por baixo do habitual. Pola súa banda, os caudais circulantes polas canles seguen aínda unha media do 29 % por baixo do habitual.

Así as cousas, a CHMS incide en que as choivas rexistradas nos dous últimos meses contribúen a mellorar a situación, pero o déficit de precipitacións dos últimos 12 meses fai que o escenario de seca persista.

Temas: AUGA ENCOROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta