Os servizos sanitarios galegos contarán cunha "vía rápida" de atención a mulleres e nenos vítimas de violencia de xénero

O obxectivo é identificar as barreiras, prestar maior atención ás secuelas e detectar casos de forma precoz

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, avanzou que o organismo creará unha "vía rápida" de atención sanitaria e psicosocial a mulleres e nenos en situación de violencia de xénero, en colaboración cos dispositivos e axentes implicados nesta atención.

Así o anunciou na xornada 'Violencia de Xénero: Cribado e diagnóstico desde os servizos de saude', que tivo lugar na Consellería de Sanidade, en Santiago, acompañada da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

Nestas xornadas, segundo indicou a xerente do Sergas, analizaranse, xunto con persoas doutras comunidades autónomas, os procedementos que se realizan ante a violencia de xénero, para "identificar as barreiras e prestar maior atención ás secuelas".

"É unha xornada interna que despois se vai a difundir pero está aberta á sociedade en xeral para sensibilizala porque a violencia de xénero é un tema de todos", sinalou.

Alí, López remarcou que no ámbito sanitario "coñecen a transcendencia deste grave problema", así como o impacto na saúde e que son conscientes da importancia que teñen as súas actuacións para "detectalo e contribuír a eliminalo".

Desta forma, incidiu que no Sergas contan cun grupo de traballo interdisciplinar que "fai unha gran labor" e que reúne a diversos profesionais que colaboran no deseño de actuacións e programas públicos na violencia de xénero no ámbito sanitario.

A xerente do Sergas remarcou o procedemento de cribado e actuación en saúde que se elaborou a finais do ano 2020 e que ten como obxectivo "mellorar a detección temperá e establecer unhas pautas normalizadas" que se utilizasen como guía na procura activa de mulleres en situacións de violencia de xénero que acoden aos centros sanitarios públicos galegos.

Con todo, sinalou que como novidade hai unha ferramenta que facilita a indexación dende a historia clínica electrónica, o que "supón vantaxes" para os profesionais para a súa realización e seguimento.

DOUS PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN

Así mesmo, lembrou que o Sergas ten actualmente dous protocolos: un para agresións sexuais e outro para submisión química. "Pretendemos que estes procedementos sexan integrais e que no momento no que se necesite actúen todas as partes de forma unísona, nun acto único, para que a muller reciba atención canto antes e se victimice o mínimo posible", indicou López-Pardo.

Nesta liña, engadiu que ademais deste protocolo de atención, o que van facer é complementalo cunha "detección precoz" da violencia de xénero, que xa ten habilitada unha versión, a través dunhas preguntas a partir sobre todo do médico de Atención Primaria.

Inauguración da Xornada Violencia De Xénero: Cribado e diagnóstico desde os Servizos de Saúde
Inauguración da Xornada Violencia De Xénero: Cribado e diagnóstico desde os Servizos de Saúde | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta