Ferido o condutor dun coche sen carné tras colidir cun autobús con máis de 20 nenos a bordo na AP-9

Os menores non sufriron ningún tipo de dano

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/11/2022 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O condutor dun vehículo sen carné resultou ferido este domingo despois de colidir cun autobús escolar na AP-9, ao seu paso por Pontevedra.

Segundo trasladou o 112 Galicia, a colisión produciuse sobre as 17.30 horas no punto quilométrico 129 da AP-9. A esa hora, a central de emerxencias recibía unha chamada na que se solicitaba asistencia para o condutor do vehículo sen carné que, segundo apuntaban, estaba atrapado no interior do habitáculo.

Por este motivo, os operadores do 112 mobilizaron aos Bombeiros de Pontevedra, ademais dos servizos sanitarios e da Garda Civil de Tráfico.

O ferido foi trasladado ao Hospital Montecelo, mentres que os ocupantes do autobús, máis de 20 menores do Colexio Andersen de entre 11 e 12 anos, que non sufriron danos, foron recollidos por outro vehículo para continuar o camiño cara ao seu destino.

Fontes consultadas por Europa Press afirmaron que, polo momento, descoñécense as causas do sinistro. Así mesmo, sinalaron que os vehículos sen carné non ten permiso para circular por autovías ou autoestradas.

Autobús escolar baleiro
Autobús escolar baleiro | Fonte: Froet

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta