Máis de 80 persoas sufriron accidentes de tráfico en Galicia no fin de semana, un de cada tres tiña entre 15 e 29 anos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 82 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, entre as 15.00 horas do venres ata as 23.59 horas do domingo.

Segundo informou o 061, o domingo foi o día que se rexistraron máis sinistros, con 21 accidentes de tráfico. Desta forma, recibiron en total 62 chamadas que xeraron 53 asistencias.

Así, o 51 % dos atendidos foron homes e as 49 % mulleres. En canto ás idades dos feridos, o 34 % dos atendidos tiñan entre 15 e 29 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 27, seguido da Coruña con 18, en Lugo 6 e en Ourense 2.

O 112 mobilizou 68 medios para atender os diferentes accidentes. As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico 56 sinistros; e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico en cinco accidentes.

Con todo, en 15 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 66 ocasións atendéronse no propio lugar do accidente e unha persoa faleceu no punto.

Accidente de tráfico mortal
Accidente de tráfico mortal | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta