Os valores da marca 'Galicia Calidade' compártense en Madrid para "impulsar a súa comercialización"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reivindicou este luns en Madrid os valores da marca 'Galicia Calidade' para "impulsar a súa comercialización" e "gañar mercados" tanto en España como a nivel internacional.

Segundo indicou a Xunta, Conde participou no encontro 'Con selo de Galicia', que se celebrou na Casa de Galicia e que contou coa participación dalgunhas das empresas "máis representativas" que levan este selo, que pertencen a sectores como a alimentación, o turismo, xoiaría, planta ornamental ou a xeotermia. En total, esta marca certifica máis de 750 produtos de preto de 150 empresas.

"Trasladamos dende Madrid a importancia que ten 'Galicia Calidade' e os produtos das marcas que utilizan este selo como garantía, que é unha forma de reivindicar como dende Galicia estamos a traballar en todos os sectores", remarcou Conde.

Así, o encontro inclúe unha exposición de xoiaría; dúas charlas-coloquio, unha sobre turismo sustentable en Galicia e outra sobre industria con selo 'Galicia Calidde'; así como, diferentes degustacións e 'showcookings' e un túnel de viños coa asistencia de 17 adegas que son parte desta marca.

Pan co selo de calidade 'Pan galego'
Pan co selo de calidade 'Pan galego' | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta