Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2022 | Actualizada ás 16:53
Unha decena de expertos no ámbito da infancia reuníronse este martes en Santiago de Compostela para abordar cuestións como as estratexias actuais para o tratamento do abuso sexual e os dereitos do menor, así como a intervención no procedemento xudicial.
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rei, foi o encargado de inaugurar o 'II Foro Xuntos fronte aos abusos' no que participaron profesionais do ámbito social, educativo, xurídico ou sanitario.
Segundo sinalou a Xunta nun comunicado, Rei destacou durante a súa intervención "a importancia da formación e de dar unha resposta integral para axudar aos nenos e adolescentes vítimas desta situación".
No foro tamén participaron, entre outros, as psicólogas del programa 'Alborada' da Xunta de Andalucía que intervén no seguemento do menor con trastornos do desenvolvemento, Idoya Jarabo e Inma Araujo, ou Vicki Bernadet, fundadora da asociación homónima para a atención integral e sensibilización fronte aos abusos de menores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.