A Xunta renova o parque móbil forestal con 89 todoterreos

O investimento foi de 3,5 millóns de euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/11/2022 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A Xunta entregou 89 todoterreos novos que, por valor de 3,5 millóns, renovarán o parque móbil do departamento forestal co obxectivo de mellorar o servizo que o corpo achega aos cidadáns.

O Conselleiro de Medio Rural, José González na entrega de vehículos todoterreo ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais
O Conselleiro de Medio Rural, José González na entrega de vehículos todoterreo ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais | Fonte: Xoán Crespo - Xunta de Galicia.

Segundo detallou a Xunta, a este investimento súmanse os 2,7 millóns destinados á compra de 61 vehículos, para o 2023, e o millón de euros correspondente á subministración mediante renting doutros 137 vehículos tipo 'pick-up' para as brigadas de seis meses deste ano, equipo que se renovará en 2023.

O acto de entrega celebrouse este martes na Cidade da Cultura coa participación do conselleiro do Medio Rural, José González, que asegurou que estes investimentos complementan os esforzos feitos en materia forestal, máis concretamente "na loita contra os incendios".

Nesta liña, afirmou que está prevista a entrega ao Servizo Antiincendios, para o próximo ano, de aproximadamente unha trintena de motobombas e máis dunha ducia de tractores-cisterna, xunto a equipaxes de inverno e verán, así como equipos de protección individual (EPI) de extinción.

Este investimento en material do persoal antiincendios vese "reforzado" cos 700.000 euros destinados a formar un novo grupo de profesionais especializados en grandes incendios para a loita contra a nova tipoloxía de incendios que afecta Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta