Rematan os contratos de emerxencia pola pandemia e o Sergas só manterá 56 contratos

Terán unha duración mínima de doce meses.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/11/2022 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Os contratos de emerxencia con duración mínima de doce meses que impulsou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para as vacinacións masivas pola covid-19 chegaron ao seu fin, pero segundo explicaron as autoridades sanitarias aos sindicatos, ofreceranse 56 contratos de duración dun ano ao colectivo de enfermaría que participou nesta continxencia.

Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo
Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo | Fonte: Europa Press.

Así, fontes sindicais explicaron que este luns, tras a mesa sectorial, houbo un encontro específico coas formacións que apoiaron este modelo de contratación, vixente ata agora e que toca xa ao seu fin.

Deste xeito, o Sergas ofrecerá medio centenar de contratos (56, segundo as fontes sindicais) a persoal de enfermaría que queira seguir, polo menos un ano máis, en labores de vacinación e realización de probas PCR. Este persoal poderá ser recolocado no caso de que non haxa actividade propia da pandemia nalgún momento dos doce meses.

Ademais, a Administración sanitaria explicou que se van sacar 111 interinidades para o persoal de enfermaría, derivadas por exemplo de xubilacións.

Adicionalmente, no que incumbe ao colectivo de enfermaría, faranse case medio cento de contratos (48, segundo as mesmas fontes) para diferentes coberturas específicas nos centros hospitalarios da rede sanitaria pública galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta