Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2022 | Actualizada ás 15:06
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tachou de "cortina de fume" as críticas da ministra de Igualdade, Irene Montero, á polémica campaña do Goberno galego contra a violencia machista, "para non falar do goteo de rebaixas de penas e excarceracións" de agresores sexuais provocadas pola coñecida como 'lei de só si é si'.
Así se pronunciou o mandatario autonómico ao ser preguntado, tras a reunión semanal do seu Executivo, sobre as palabras da ministra deste mércores, coas que acusou ao PP de "promover a cultura da violación" coas súas campañas en Galicia e a Comunidade de Madrid.
Alfonso Rueda rexeitou "colaborar" para "aumentar o efecto" do que considera unha estratexia de "cortina de fume" para así non falar das rebaixas de penas por mor da Lei de Garantía Integral da Liberdade Sexual, da cal Montero "é impulsora" e "non responsable, porque responsable é o Goberno", lembrou.
"É unha cortina de fume para non falar do que realmente é importante", recalcou o presidente da Xunta, quen considera que as palabras da ministra de Igualdade demostran "como se perden os papeis cando ela mesma se está dando conta" dos efectos da norma que reformou o Código Penal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.