A implantación da nova EBAU aprázase un ano máis, ata 2028, polo rexeitamento da Xunta e outras comunidades do PP

Os populares censuran que Educación "desatenda" as propostas autonómicas que piden unha proba única

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 02/12/2022 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

A Xunta, xunto ás comunidades autónomas gobernadas polo PP, decidiu levantarse da reunión técnica convocada polo Ministerio de Educación para configurar a nova proba de acceso á universidade (EBAU), cuxa implantanción finalmente foi aprazada un ano en aras de alcanzar "o maior consenso posible".

A Consellería de Educación comparte con outras comunidades que debe establecerse un exame "único" para todo o país para garantir a "igualdade" do alumnado, á vez que acusan ao Goberno central de "desatender" as opinións de organismos como a Real Academia da Lingua (RAE), a Rede de Filosofía ou os coordinadores do exame de Lingua castelá e Literatura, críticas co modelo proposto.

A decisión de pospor un ano a aplicación da nova Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (EBAU) foi anunciada tras a reunión, na que 15 comunidades, fóra de Madrid e de Castela e León, solicitaron que se prolongue un ano o período de implantación do novo modelo.

Co obxectivo de alcanzar o maior consenso posible, o Ministerio optou por dar máis espazo á implantación do novo modelo, polo que a proba completa estaría completamente instaurada en xuño de 2028, no canto de en 2027.

XUNTA: "RIGOROSIDADE" E "DIÁLOGO"

Nun comunicado, a Xunta (representada este venres pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández) manifestou que seguirá defendendo "unha proba de consenso que naza da rigorosidade e do diálogo a favor de garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado".

Así, o Goberno autonómico insistiu en que a nova EBAU debe contar con "criterios de avaliación homologables e uniformes". Ademais, pide que se prescinda da proba de madurez, unha das novidades principais do modelo proposto polo Goberno, que contaría o 75 % da nota final.

A Xunta acusou ao Ministerio de "non escoitar" as súas propostas, polo que avanzou que non continuará participando "dun debate sen diálogo e onde as decisións se toman dunha maneira unilateral".

PROPOSTA DO GOBERNO

A proposta inicial da nova EBAU foi presentada o pasado mes de xullo pola ministra Pilar Alegría. Estaba previsto que, oficialmente, os cambios da nova avaliación empezasen a introducirse paulatinamente en xuño do 2024. Ademais, o Ministerio tiña pensado realizar entre abril e xuño do próximo ano unha proba piloto da nova proba de acceso á Universidade.

As prioridades da primeira proposta de Educación, que contén menos exames e un exercicio de madurez, eran "o respecto da autonomía das administracións educativas e universidades e unha implantación gradual, pautada, do novo modelo, dirixida a xerar tranquilidade á comunidade educativa".

CRÍTICAS Á NOVA EBAU

O adiamento da nova EBAU vén despois das críticas recibidas por parte de varias institucións ao documento inicial proposto por Educación. En concreto, a Real Academia Española (RAE) advertiu das "insuficiencias" que contén a proposta do Ministerio e compartiu o "malestar" dun grupo de coordinadores das probas de acceso á universidade de varias comunidades autónomas.

Estudantes esperan antes de comezar as probas de acceso á universidade 2022
Estudantes esperan antes de comezar as probas de acceso á universidade 2022 | Fonte: Álvaro Ballesteros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta