O Concello de Frades, gobernado polo PP, apoia a petición do PSOE á Xunta de cubrir baixas dos médicos titulares

Aprobou por unanimidade unha moción promovida polo grupo socialista.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/12/2022 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O Pleno Municipal do Concello de Frades, gobernado polo PP, aprobou por unanimidade este venres unha moción promovida polo grupo socialista para instar a Consellería de Sanidade a cubrir os postos dos médicos titulares do municipio cando estes non poidan acudir a facer o servizo, así como restablecer o servizo de pediatría.

Médico de cabeceira
Médico de cabeceira | Fonte: FACUA.

Segundo sinalou o Concello, o portavoz socialista, Enrique Astray, explicou que "os dous médicos titulares non están no seu posto e, no canto de cubrir as baixas, só mandan un médico e con horario incompleto".

Así, o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, puntualizou que "este xoves se incorporou a médica que estaba con permiso de excedencia e sabemos que o segundo médico farao nos próximos días". Ademais, confirmou "levar un tempo en contacto coa Xerencia de Atención Primaria e Consellería para abordar esta e moitas outras cuestións que garantan que garantir que os veciños reciban a mellor atención".

Sobre a situación do servizo de Pediatría, o alcalde de Frades confirmou que "mentres non haxa novos pediatras ou unha das actuais acceda á proposta de que a mesma persoa veña nun mesmo día a Frades e a Mesía, o servizo seguirá centralizado en Ordes".

Doutra banda, os tres grupos acordaron, a petición do BNG, incluír na moción "un reproche expreso ao 061", para "esixir explicacións" por unha incidencia rexistrada a mediados de novembro, "cando un alumno do CPI de Ponte Carreira necesitou asistencia médica e desprazáronse dúas ambulancias sen facultativo a atendelo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta