Calvos de Randín rexistra a marca de -7,7ºC, a temperatura máis baixa de Galicia esta madrugada

Ourense foi a provincia co maior número de concellos coas temperaturas máis baixas de Galicia con Viana do Bolo (-6,4ºC), Xinzo de Limia (-5,8ºC) e Baltar (-5,7ºC).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2022 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou na madrugada deste domingo as temperaturas máis baixas de toda Galicia, 7,7 graos baixo cero.

Segundo os datos solicitados por Meteogalicia, a provincia de Ourense concentra as marcas mínimas máis baixas, seguido Calvos de Randín por Viana do Bolo (-6,4ºC), Xinzo de Limia (-5,8ºC) e Baltar (-5,7ºC). Tamén ao redor do cinco graos baixo cero queda a localidade lucense Morelle, en Sarria.

Este domingo a Comunidade continuará nunha situación intermedia. O día comezou con néboas nos vales dos ríos, especialmente o Miño, Navia e Eo, e co ceo pouco anubrado ou despexado no resto.

A medida que avance o día, irán entrando nubes de sur a norte con algúns chuvascos illados e ocasionais, máis probables na metade sur durante a tarde e a metade oeste pola noite.

As temperaturas permanecerán sen cambios significativos e o vento soprará frouxo, con predominio do leste e do sueste.

Xeada, frío
Xeada, frío

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta